HomesociedadePantón segue presentando a súa Mostra de Viños que se celebra esta...

Pantón segue presentando a súa Mostra de Viños que se celebra esta fin de semana

Nove adegas participarán na 30ª edición da cita, declarada de Interese Turístico Galego. Como novidade este ano comezarase o venres para durante 3 días ter catas, Festa da Empanada, actuacións musicais e outras propostas de lecer. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu este martes a presentación da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebra esta fin de semana, do venres 9 ao domingo 11 de maio. Está declarada de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2022.

O delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, deron a coñecer o programa xunto con representantes da organización.

A cita deste ano contará coa participación de nove adegas. Ademais haberá dúas catas; a tradicional Festa da Empanada, que cumpre a oitava edición; e actuacións musicais os tres días con varios grupos e orquestras.

Arias destacou a singularidade desta feira, que funciona “como un escaparate excepcional para Pantón ante todos os visitantes que acoden atraídos pola riqueza dos viños da zona”.

A feira comezará o venres ás 19,00 horas coa apertura das casetas no recinto feiral e a primeira cata maridaxe, dirixida polo sumiller Juanjo Figueroa. O sábado haberá outra cata, Experiencia sensorial Pantón… as tres ribeiras, dirixida polo enólogo, David Pascual.

Tamén o sábado (a partir das 14,30 horas) será a Festa da Empanada no recinto do Castro, onde se despacharán empanadas e produtos da terra. Outra das actividades previstas é o Brinde Movemento Viño D.O. (o mesmo día ás 13,30 horas no campo da feira), que se celebra simultaneamente en distintos territorios vitivinícolas de España para reivindicar o valor dos viños con denominación de orixe.

ÚLTIMAS

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...