HomesociedadeUnha canle de Whatsapp para informar da actualidade de Quiroga

Unha canle de Whatsapp para informar da actualidade de Quiroga

O Concello de Quiroga conta cun  novo servizo de información a través da aplicación WhatsApp. Trátase dun “Canal de difusión” no que enviará, a toda a veciñanza, que así o desexe, notificación de acontecementos e actividades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este  servizo complementa a información que xa se mantén a través das redes sociais (Facebook e Instagram) pero coa intención de ser máis inmediata. A finalidade -según matiza o Equipo de Goberno- e poder avisar a veciñanza en tempo real dun corte dunha rúa ou unha avaría na rede de auga, por exemplo, e que os destinatarios o reciban inmediatamente. Aínda que a través desta canle  tamén se informará de actividades programadas dende os distintos departamentos municipais, non acollerá tanta información deste tipo como as outras redes sociais, dándolle máis prioridade aos avisos.

Cando se entre nesta canle soamente se poderá ver o que o Concello de Quiroga escriba nel durante 30 días. Como lector da canle só se poderá ler ou compartir as mensaxes, pero non se poderá escribir nin deixar comentarios. As canles de WhatsApp están na pestaña Novedades, que é donde se agrupan tanto as canles como os estados da aplicación.

Para poder recibir esta información a través de WhatsApp é preciso seguir a canle Concello de Quiroga e para manter a inmediatez é preciso ter activadas as notificacións. A través deste enlace poderase acceder directamente á canle de difusión: https://whatsapp.com/channel/0029VasBvgT3wtbBUW2PwI1p

ÚLTIMAS

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e...

O PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a internet

Dende o Partido Popular lembran que tralos devastadores incendios do pasado verán non só...