O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso dos Maios, unha tradición que dende hai anos intenta preservar o Concello fomentando a participación con diferentes premios e animando aos centros de ensino, asociacións e particulares. Este ano, como é costume, concentráronse todos os participantes e público en xeral na praza de España a partir das 17:30 horas, logo de percorrer diversas rúas da cidade.
Recibidos polo Alcalde, José Tomé Roca; pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada; pola Concelleira de cultura, Marina Doutón; e polo Concelleiro de Medio ambiente, medio rural e servizos, José Luis Losada, foron finalmente 12 os participantes que presentaron as súas obras nesta tradicional festa, e 3 foron os que prepararon coplas. Este ano as bases do certame contemplaron 2 modalidades de participación para os maios: “Maios centros de ensino” e “Maios asociacións ou colectivos e particulares”.
Dentro da primeira modalidade “centros de ensino” participaron cinco centros: CEIP A Gándara, Fundación Educativa Torre de Lemos, Colexio Ferroviario, Colexio PP. Escolapios e CEIP Monforte. Na modalidade de asociacións ou colectivos e particulares, participaron 8 inscritos: Miguel Somoza González, Brais e Roi Rodríguez Díaz, Centro día Monforte de Lemos, Asociación Agora Área ocupacional, Asociación Agora área Diurna terapéutica Centro de Día, Geriatros Domus vi Monforte, CEIP Monforte, Cristina Blanco Rajo.
PREMIOS NA MODALIDADE CENTROS DE ENSINO
1º PREMIO: COLEXIO FERROVIARIO con “A Abella do Ferroviario”.
2º PREMIO: CEIP A GÁNDARA.
3ºPREMIO: COLEXIO PP. ESCOLAPIOS.
ACCESIT: FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS “Lady May”.

ACCESIT: CEIP MONFORTE.
MODALIDADE ASOCIACIÓNS OU COLECTIVOS E PARTICULARES
1º PREMIO: ASOCIACIÓN AGORA Área ocupacional.

2º PREMIO: BRAIS e ROI RODRÍGUEZ DÍAZ.
3º PREMIO: CENTRO de DÍA MONFORTE LEMOS.

ACCESIT: GERIATROS DOMUS VI MONFORTE.
ACCESIT: CRISTINA BLANCO RAJO.
CERTAME DE COPLAS
No centame de coplas houbo tres participantes que interpretaron as súas creacións na propia Praza de España e a clasificación dos premiados foi a seguinte:
1º PREMIO: CEIP A GÁNDARA.
2º PREMIO: CEIP MONFORTE.
3º PREMIO: MIGUEL SOMOZA GONZÁLEZ e JOSÉ MIGUEL GONZÁLEZ LEMOS.

En palabras do Alcalde, José Tomé Roca, “o obxectivo era animar á participación e logo de contar con 12 inscritos no certame de maios e 3 no de coplas, podemos dicir que o obxectivo que nos marcamos foi acadado con éxito. Tamén quero destacar que a calidade e traballo dos maios deste ano foi moi satisfactoria competindo maios que tiñan un gran traballo e orixinalidade polo que os participantes deben estar moi orgullosos das obras presentadas”.

PREMIOS
Os aboamentos dos premios, a cada participante, serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular.
Para poder obter o premio os/as beneficiarios/as deben estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.