HomesociedadePresentación literaria de 'María Hesse' na adega Regina Viarum

Presentación literaria de ‘María Hesse’ na adega Regina Viarum

O libro leva por título "El miedo", de María Hesse, e será presentado este sábado 10 de maio ás 20:30 h. dentro do ciclo "Lecturas con denominación de orixe".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A adega Regina Viarum, no corazón da Ribeira Sacra, será o escenario dunha nova presentación literaria que se realiza baixo o ciclo “Lecturas con denominación de orixe”, iniciativa que busca unir lectura, viño e paisaxe e que organiza a Libraría Agrasar.

O evento está programado para o sábado 10 de maio ás 20:30 h. e a obra que se dá a coñecer ao público é “El miedo”, da autora María Hesse, quen estará acompañada no acto pola escritora María Sánchez. Ao remate do mesmo, ademais de poder mercar o libro –que poderá ser asinado pola escritora– poderase gozar duns petiscos e dun viño por xentileza da adega colaboradora.

Este ciclo, “Lecturas con denominación de orixe”, busca ofrecer unha alternativa orixinal ás presentacións tradicionais. A idea é ‘maridar’ viño, paisaxe e lectura para goce daquelas persoas que teñan paixón, tanto pola lectura como polos bos caldos.

A AUTORA

María Hesse é unha das autoras e ilustradoras máis recoñecidas do panorama editorial actual. O seu estilo artístico e narrativo conectou especialmente cun público lector feminino, tanto xove como adulto.

A súa obra foi traducida a máis de 10 idiomas e publicada en países como Francia, Italia, Estados Unidos, Corea ou Brasil. Foi tamén recoñecida por medios como El País, Vogue ou El Cultural, e colabora habitualmente con editoriais de prestixio como Lumen, e para medios escritos como El País e Jot Down.

Portada da obra.
RECENSIÓN DA OBRA

Cal é a orixe dos nosos medos e como podemos exorcizalos? Neste libro, visceral e fermosísimo, María Hesse plántalle cara aos seus propios temores: os que a acompañaron ao longo da súa vida, como a tantas outras mulleres. Así, cunha linguaxe íncreiblemente visual e alegórica, van desfilando por estas páxinas a ansiedade, a manipulación, a precariedade, o cambio, a soidade, a tolemia, a maternidade, a vellez ou a morte nun libro que mestura a autoficción, elementos de cómic e referencias literarias, poéticas e musicais.

Nesta obra María Hesse renova o seu estilo narrativo e artístico para confeccionar a súa obra máis madura.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...