HomesociedadeSober prepara a XXIII Festa das Avoas e dos Avós

Sober prepara a XXIII Festa das Avoas e dos Avós

A celebración será o día 24 de maio no Pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme a partir das 13.30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober organiza un ano máis o acto festivo que homenaxea e recoñece o traballo e a traxectoria vital dos máis maiores da casa, os avós e as avoas. A festa está programada para o 24 de maio e incluirá a celebración dunha misa, un xantar, actuacións musicais e un sorteo de agasallos para os e ás asistentes.

Terá lugar no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme a partir das 13.30 horas e terá un custe para as persoas que se queiran anotar dependendo do seu empadroamento. Así, o prezo do menú será de 10 euros para empadroados e de 20 para non empadroados.

No que respecta ao menú, este estará composto por empanada, polbo, carne asada, rosca de Millán e queixo, cafés e bebidas.

É preciso confirmar asistencia antes do 22 de maio nos teléfonos 982 46 00 01 ou 982 46 05 13 e o concello habilitará un servizo de transporte para as persoas que o precisen.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...