HomesociedadeO Concello de Chantada prepara unha nova candidatura para presentarse ao Grand...

O Concello de Chantada prepara unha nova candidatura para presentarse ao Grand Prix

Para completar a gravación deste vídeo, o Concello de Chantada, quere involucrar a toda a veciñanza. Para iso convocan á xente para este martes, 13 de maio, ás 21:00h diante da Casa da Cultura de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada decidía o ano pasado presentarse por primeira vez ao Grand Prix, o concurso de TVE guiado por Ramón García, no que os habitantes de distintos concellos de España compiten entre sí en diferentes probas de habilidade.

O vídeo que prepara o Concello de Chantada nesta ocasión volve a insistir nos principais atractivos do municipio: o viño e as súas ribeiras da viticultura heroica, as festas e celebracións entre as que destacan o Folión de Carros, Festa de Interese Turístico Galego; ou os días de feira para degustar o polbo; a Muiñeira de Chantada e o casco antigo da vila do Asma coas súas rúas empedradas e os seus soportais.

Para completar a gravación deste vídeo, o Concello de Chantada, quere involucrar a toda a veciñanza. Para iso convocan á xente para este martes, 13 de maio, ás 21:00h diante da Casa da Cultura de Chantada.

“Esperamos poder contar co maior número posible de xente reunida diante da Casa da Cultura, mentres o capitán do equipo que se presenta para competir no Grand Prix tenta convencerme de que o tentemos de novo”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, “por suposto que nos volvemos a presentar para seguir levando o nome de Chantada por toda España. Estou seguro de que co apoio de todos/as teremos máis posibilidades de éxito”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...