HomesociedadeFesta da Xuventude en Chantada, este 16 de maio con servizo de...

Festa da Xuventude en Chantada, este 16 de maio con servizo de noitebús

O venres, 16 de maio, o Concello de Chantada celebra a II Festa da Xuventude, unha cita para ofrecer á mocidade alternativas de lecer nocturno. Establécense dúas rutas de bus, unha que sae de Antas de Ulla e outra desde Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación comeza ás 19:30h. con propostas musicais en diferentes espazos ata ben entrada a madrugada coa seguinte axenda:

  • De 19:30h. a 22:30h. a charanga Sorcha Showband levará a música polas rúas da vila.
  • De as 00:30h. ata as 3:00h. actuación da Orquestra New York na Praza de Santa Ana.
  • A partir das 3:00h na zona de Lama das Quendas sesión musical con Gramola DJ.

A Festa da Xuventude do Concello de Chantada está pensada para mozas/os de entre 16 e 25 anos, pero búscase a participación de tódalas idades. Ademais, para facilitar a asistencia da mocidade da contorna contarase con servizo de Noitebús coas seguintes rutas:

  • Ás 22:00h saída de Antas de Ulla (diante da casa consistorial), pasando minutos despois por Monterroso (diante da casa consistorial), en Taboada recollerase á xente na Alameda ás 22:15h. e pola Barrela (diante da casa consistorial) pasará ás 22:30h. para rematar coa chegada a Chantada.
  • Ás 22:00h saída de Monforte de Lemos (da contorna dos Escolapios e aparcamento do Parque dos Condes) para recoller minutos despois á xente de Escairón (diante da gasolineira) e chegada a Chantada.

O regreso farase ao remate da festa. Para calquera dúbida a empresa de transporte facilita os seguintes contactos: 608 18 54 38 e 982 37 91 06.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: “Imos descubrindo como os promotores e os concellos tentan enganarnos”

O colectivo Segredos de Pantón vén de entrevistar a Raquel Fernández. Esta activista, que...

Sober aproba un orzamento de 3,1M€ no que destacan o “gasto social e o investimento”

Desde o equipo de goberno asegúrase que os presupostos apostan pola igualdade, buscando a...

Xunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, “un dos grandes eventos vitivinícolas e motor económico da provincia”

A Feira do Viño de Chantada, que se celebra de maneira ininterrompida desde 1983,...

Ciclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

Na presentación pública participaron Candela López e Rosana Prieto, quen fixeron fincapé na necesidade...