HomesociedadeInauguración da 2ª edición de 'Marida Maio' en Monforte

Inauguración da 2ª edición de ‘Marida Maio’ en Monforte

O evento enogastroturístico está impulsado pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e consta de tres xornadas. A primeira será este xoves 15 de maio ás 19:30 h. no Centro do Viño da Ribeira Sacra (Monforte).

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) impulsa por segundo ano consecutivo as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra co nome de “Marida Maio”, unha ocasión especial para coñecer e gozar de produtos locais de alta calidade regados con viños da Ribeira Sacra.

A actividade desenvólvese durante os próximos tres xoves nas instalacións do Centro do Viño da Ribeira Sacra (Monforte), sendo este día 15 de maio a partir das 19:30 h. o primeiro encontro do ciclo no que terá lugar a presentación oficial do evento. O acto contará coa asistencia de Pablo Rivera Capón, deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo; Mabel Álvarez, xerente do Centro do Viño da Ribeira Sacra; Beatriz Vila, delegada en Monforte da Apehl; e un representante do goberno local.

O ‘Marida Maio‘ propón unha experiencia que mestura gastronomía e turismo, coa implicación de diversas empresas da comarca que achegarán os seus produtos e servizos.

Nesta primeira xornada colaborarán as adegas Regina Viarium e EDV Viticultores, o restaurante Manuel Bistró, a marca de alimentación Caurelor e a empresa de ocio Boral Aventuras. Ademais, haberá música en directo coa actuación do solista Richard.

Dende a organización veñen de informar que o aforo xa está completo para esta primeira data e lembran que aquelas persoas interesadas en asistir ás sesións do 19 e do 26 de maio poden inscribirse de balde no teléfono 982 412 050.

O Concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboran nesta celebración que patrocina a Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...