HomesociedadeÉxito total no arrinque das xornadas enogastroturísticas 'Marida Maio'

Éxito total no arrinque das xornadas enogastroturísticas ‘Marida Maio’

Celébranse este mes de maio no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte e están organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl). Na xornada inaugural, deste 22 de maio, completáronse en pouco tempo as prazas dispoñibles. As vindeiras citas serán os días 22 e 29.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, comezaron este xoves 22 cunha grande acollida por parte do público. A iniciativa, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), cubriu por completo o aforo dispoñible do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte.

A primeira sesión, que serviu tamén como presentación oficial do evento, contou coa asistencia de Pablo Rivera Capón, deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo; Gloria Prada, tenente de alcalde do Concello de Monforte; Mabel Álvarez, xerente do Centro do Viño; e Beatriz Vila, delegada da Apehl en Monforte.

Durante esta xornada inaugural participaron, dando a coñecer os seus produtos e servizos, as adegas Regina Viarum e EDV Viticultores, o restaurante Manuel Bistró, a marca de alimentación Caurelor e a empresa de lecer Boral Aventuras. O solista Richard puxo o toque musical ao encontro.

VINDEIRAS CITAS

O Marida Maio terá continuidade os días 22 e 29 de maio. Para a último data, o aforo xa está completo, mentres que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles para o do vindeiro xoves. As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto no teléfono 982 412 050.

O Concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboran nesta iniciativa, patrocinada pola Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...