HomesociedadeO 'Esmorga Fest' de Sarria será en outubro

O ‘Esmorga Fest’ de Sarria será en outubro

O vindeiro 22 de maio ás 11.00 da mañá anunciaranse as primeiras bandas confirmadas a través da web e redes sociais do festival.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Esmorga Fest, a cita que reúne a todos os amantes da música indie e underground fóra das datas de verán, volve un ano máis a Sarria.

Nesta nova edición, o festival celebra o décimo aniversario dunha cita que se iniciou como unha festa de aniversario duns amigos na que actuaban diferentes bandas e que, co paso do tempo e con esforzo e dedicación, chegou a grandes niveis de repercusión e convocatoria.

DATAS DO FESTIVAL E PRIMEIRAS CONFIRMACIÓNS DE BANDAS

O 17 e 18 de outubro de 2025 serán as datas de celebración do evento e o vindeiro 22 de maio ás 11.00 horas anunciaranse as primeiras bandas confirmadas a través da web e redes sociais do festival. Tamén sairán á venda os abonos, cunha primeira oferta que, segundo manifestan dende a organización, “á vista do acontecido nos últimos anos, é probable que se esgoten en moi pouco tempo”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...