HomesociedadeDía da bici e das Letras Galegas no Colexio Novo de Monforte

Día da bici e das Letras Galegas no Colexio Novo de Monforte

O sábado, 17 de maio, a ANPA do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos (Colexio novo) celebrou o Día da bici e conmemorou o Día das Letras Galegas, levando cada participante un dorsal cunha palabra típica galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As familias sairon en bicicleta cos seus nenos por un roteiro que partía do colexio pasando polo dique, rúa Chantada, rotonda do Hórreo, volta ata a rotonda do Parque dos Condes, para pasar por diante dos Escolapios cara Carud, Pinguela, para despois cruza a ponte polo paseo novo ata chegar pola senda peonil ao Parque dos Condes e xuntarse no cadrado onde tiveron oportunidade de repoñer forzas.

Os nenos e nenas máis pequeniños que participaron da actividade saían directamente do parque infantil da Pinguela, aínda que algúns valentes fixérono desde o propio colexio. Como cada ano completouse a actividade cunha recollida de alimentos no colexio que se realizou durante toda a semana para o banco de alimentos.

Ademais, este ano, e para conmemorar o Día das Letras Galegas, cada participante levaba un dorsal cunha palabra típica galega como: Ledicia, Bico, Xoaniña, Meiga, Brétema, Moucho, Lareira, Rechouchío…Finalizouse o roteiro cun pouco de música tradicional grazas a dous papás do centro que tocaron a gaita e a pandeireta.

Día da bici e Letras Galegas 2025 / Colexio Novo de Monforte

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...