Homesociedade25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luís Fernández Guitián, asinaron este martes o convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial achega 25.000€ a esta entidade para apoiar o desenvolvemento da súa actividade e potenciar a proxección turística da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Sociedade
- Advertisement -

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e recordou que manteñen un servizo permanente de consultoría para os concellos e os axentes privados deste territorio, “revisan o estado da sinalización, a xeolocalización dos recursos turísticos ou a distribución de material promocional e informativo a todos puntos de información turística da Ribeira Sacra e do resto da comunidade galega, entre as súas actuacións”.

O Consorcio tamén participa activamente nos trámites da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e asume funcións e partidas do Plan de Xestión de Paisaxe Cultural Ribeira Sacra. A proposta, reformulada baixo un novo enfoque que se centra na paisaxe cultura da auga, avaliarase o vindeiro ano. O mandatario provincial lembrou a implicación da Deputación de Lugo na consecución desta distinción internacional.

Tomé Roca destacou ademais que “potenciar o turismo da provincia é unha das liñas que vertebran a acción do noso goberno. Por iso, apostamos por un modelo de turismo sostible, de calidade, non masificado, e que se centra na experiencia das persoas que nos visitan”.

ÚLTIMAS

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por presunto acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcese tras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...