HomesociedadeO concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

Este martes pola mañá, acompañado da Tenente Alcalde, José Tomé reuniuse coa Xefa de Servizo de Aqualia Monforte e co responsable rexional para Galicia da citada empresa, na que lles informou das decisións e das consecuencias do incumprimento da Orde de Execución que lles ía a comunicar o Concello, remitindo o acordo da Xunta de Goberno coa orde de execución ás 13:10 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, “xa dende o principio foi unha relación difícil, polémica e non beneficiosa para o Concello porque non se cumpriron os investimentos iniciais nin outros compromisos contractuais complementarios”, aseguraba este mércores en rolda de prensa o alcalde de Monforte, José Tomé, que explicou que foi no mandato 2015-2019, cando o actual Equipo de Goberno realizou esixencias reais á empresa para que cumprise as súas obrigas, “comezando no Barrio do Hospital, seguindo pola denuncia dos investimentos que deu lugar á nova tubaxe da traída Xeral de Abastecemento, e agora, tomamos novas medidas con dúas situacións anómalas, como son, a rúa Francisco Moure e o Reboredo xunto á N-12O”

As constantes avarías na contorna da Rúa Escultor Francisco Moure, 11 avarías en menos de 2 anos, e nos últimos 5 meses, 6 avarías, “fan posible que o Concello poida tomar medidas con seguridade xurídica, según o asesoramento dos técnicos municipais”, asegurou Tomé. Así este mércores pola mañá en reunión extraordinaria, a Xunta de Goberno decidiu:

  • Requerir á empresa FCC AQUALIA, con base nos partes da Policía Local e no informe da Enxeñeira Técnica Industrial do Concello, para que no prazo de dous meses, proceda á substitución integral do tramo da tubaxe que discurre pola marxe dereita da rúa Escultor Francisco Moure, entre o Bar Cristal e a vía do ferrocarril, que se fai constar no informe da Enxeñeira Técnica Industrial de data 20 de maio do 2025.
  • Requírese á empresa FCC AQUALIA para que propoña unha solución, con carácter integral e definitivo, para evitar as avarías na cotorna da N-120, que garanta o subministro normalizado ó Polígono do Reboredo.
  • Apercibir do acordo co disposto no artigo 100 e 102 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común que, en caso de incumprimento do citado acordo, procederase á execución subsidiaria por parte do Concello de Monforte á costa de Aqualia e, os importes dos gastos e perxuízos executaranse de acordo co disposto no artigo 101 do citado texto legal.”

O Alcalde tamén explicou que a empresa, na reunión celebrada pola mañá, comprometeuse a acometer as obras propostas polo Concello, “co que antes de 2 meses, estará resolto o problema de Escultor Francisco Moure” e mostrou a súa satisfacción porque a empresa mostre predisposición para chegar a un acordo e solucionar os problemas.

O PP esixe a Tomé un plan de renovación da rede de abastecemento “serio e consensuado” en lugar das “promesas incumpridas”

Ao respecto das medidas anunciado para este mércores por Tomé con respecto a Aqualia, a voceira popular aseguraba esta mañá, “esta situación non é nova, senón que vén de moitos meses atrás e nunca quixo poñerlle solución, a pesar de que dende o PP lle reclamamos a elaboración de plans de renovación das tubaxes para evitar as constantes roturas”.

Katy Varela esixe “seriedade no abastecemento de auga potable e no saneamento, “A realidade é que as constantes roturas das tubaxes “xeran caos e inseguridade” entre os veciños, sen esquecer que “tamén levamos anos reclamando que, ademais de renovar a rede, é urxente levar estes servizos a todos os puntos do municipio que carecen deles, principalmente ás parroquias do rural”.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...