HomesociedadeBóveda acolle unha charla sobre o cultivo de oliveiras

Bóveda acolle unha charla sobre o cultivo de oliveiras

Será este sábado día 24 de maio das 11 ás 14:00 h. no Centro Sociocultural e está organizada pola Asociación Cultural As Cavarcas, con sede no Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á vista do aumento do cultivo de oliveiras na zona da Pobra do Brollón, no Incio e en Bóveda, a Asociación Cultural As Cavarcas decidiu organizar unha charla para falar deste tema considerando que vai ser de gran interese para moita xente destes concellos veciños.

Partindo desta demanda, contactaron cun experto en olivicultura, Rubén Gutiérrez, para falar das necesidades das oliveiras, as zonas idóneas de plantación e as perspectivas produtivas e comerciais deste tipo de cultivos.

Gutiérrez é técnico agrario, formouse en enxeñería agrícola na universidade politécnica de Madrid, traballou dende o 2016 no sector da olivicultura en Galicia como técnico asesor e mestre de almazara para Aceites Abril e Ouro de Quiroga. Ademais, tamén traballou como asesor independente en plantacións de particulares e a día de hoxe forma parte de LABRAVA, unha agrupación de profesionais do sector agrícola e forestal que prestan servizos integrais para proxectos agrícolas e forestais.

O protagonista da charla formativa-divulgativa veuse de Madrid hai 9 anos. Deixou atrás Fuenlabrada e buscando residencia no rural galego rematou por instalarse nunha aldea do Concello de Quiroga, onde reside na actualidade.

Dende As Cavarcas chaman á participación pois consideran que “a produción agraria é fundamental para o sostemento do rural, para a fixación de poboación e para reverter a crise demográfica que o interior do pais está a vivir”.

O evento conta coa colaboración de Medio Rural de Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...