Homesociedade'Marida Maio' ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

Diante da alta demanda do pasado 22 de maio a organización decidiu aumentar o aforo a 40 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves 22 de maio a súa segunda sesión. A cita, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), reuniu a 40 asistentes, despois de ampliar o aforo inicial do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, debido ao interese xerado.

Durante o evento, varias empresas da comarca achegaron os seus produtos e servizos nun ambiente distendido e festivo, amenizado pola música en directo do solista Richard. Participaron o restaurante La Table d’Arnaud, as adegas Galanteiro e Soutelo, a marca de aceites Aceiroga, así como as firmas relacionadas co lecer Bikarte Ribeira Sacra e Solpor Camperpark.

Manolo Mondelo e Natalia de ‘Aceiroga’. Foto: XMF

A próxima cita do Marida Maio está programada para o 29 de maio, e xa conta con aforo completo.

O Concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboran nesta iniciativa, patrocinada pola Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...