Homesociedade8.000 maiores do sur da provincia xa poden beneficiarse das facilidades do...

8.000 maiores do sur da provincia xa poden beneficiarse das facilidades do Carné +65

Os deputados do Grupo Popular Raquel Arias e José Manuel Mato reuníronse este luns co director do Hotel-Balneario Augas Santas de Pantón, Santiago  Villanueva, un dos centros adheridos, e animaron a todos os maiores a beneficiarse das vantaxes do Carne +65.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Máis de 8.000 maiores da comarca de Lemos (entre os 81.000 da provincia de Lugo) xa se poden beneficiar dos descontos e as facilidades para o acceso a servizos culturais, de ocio ou sanitarios que ofrece o Carné +65. Neste momento, preto de 800 establecementos de toda Galicia, dos que máis dun cento atópanse na provincia de Lugo  e 13 na comarca de Lemos, xa están adheridos a esta iniciativa da Xunta. A maioría son de Monforte de Lemos  pero tamén os hai de outros concellos, como Pantón, Sober, Quiroga e Courel.

O Carne +65 é totalmente gratuíto e os usuarios poden acollerse ás vantaxes que neste momento xa ofrecen arredor de 800 establecementos de toda Galicia, unha cifra que está previsto se achegue ao milleiro ao remate do presente ano.

Os deputados populares explicaron que “todas persoas de 65 ou máis, que estean empadroados en Galicia, están a recibir ou xa recibiron o Carné +65 nos seus domicilios”. “No caso de non ser así, poden solicitalo a través da dirección de correo electrónico xestion.carne65.maiores@xunta.gal, e seralles remitido á dirección que o soliciten”, indicaron.

Así mesmo, os establecementos que desexen adherirse a esta campaña poden facelo directamente a través da páxina web habilitada pola Consellería de Política Social para coñecer todo sobre o Carné +65 (https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/carne65/), espazo dixital no que tamén se pode consultar os establecementos participantes e os descontos que ofrecen aos usuarios. Todos eles disporán dun distintivo para que os clientes coñezan que participan nesta iniciativa.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...