HomesociedadeXornada final do 'Marida Maio' no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Xornada final do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Será este xoves 29 de maio e contará coa presenza dos restaurantes Parrillada O Casar e Berso, o Pazo de Tor-Rede Museística de Lugo, as adegas Proencia e Val do Frade e a empresa de ocio Novas Rutas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves 29 de maio, ás 19:30 h., terá lugar a terceira e última xornada da segunda edición do Marida Maio, evento turístico e gastronómico que está organizado pola Delegación Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo e patrocinado pola Deputación de Lugo. O punto de encontro, como nas ocasións anteriores, será o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte.

Nesta sesión colaborarán a Parrillada O Casar, o restaurante Berso, o Pazo de Tor-Rede Museística de Lugo, as adegas Proencia e Val do Frade e a empresa de lecer Novas Rutas.

O Marida Maio é unha combinación de gastronomía e turismo, coa implicación de diversas empresas da comarca que achegan os seus produtos e servizos. O aforo, como nas dúas anteriores citas, volveu completarse.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...