HomesociedadeDegustacións e viño para celebrar a campaña 'Quere o teu mercado' na...

Degustacións e viño para celebrar a campaña ‘Quere o teu mercado’ na Praza de Abastos de Monforte

Con esta acción que se repite dende hai uns anos preténdese fomentar as compras no pequeno comercio de proximidade, nomeadamente neste espazo. As degustacións gastronómicas e os viños ofreceranse este sábado 31 ás 12:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte súmase un ano máis a campaña internacional Quere o teu mercado, que se celebrará o sábado 31 de maio na Praza de Abastos da cidade, un espazo que recentemente vén de perder un novo posto, concretamente O Colmado. Actualmente só quedan tres, unha panadería, unha froitería e unha polería.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que con esta acción “dende o Concello de Monforte, sumámonos ás que xa levamos realizando dende hai anos para fomentar as compras no pequeno comercio de proximidade, que é o que se realiza, neste caso, na Praza de Abastos da nosa cidade”.

DEGUSTACIÓNS E VIÑO PARA VISIBILIZAR A PRAZA DE ABASTOS

Este sábado 31 de maio terá lugar na Praza de Abastos, a partir das 12:00 horas, unha degustación de produtos locais provintes dos praceiros coa que se pretende animar aos monfortinos a que compren os seus produtos na Praza de Abastos municipal polo valioso papel dinamizador e revitalizador que xogan os mercados municipais dos centros urbanos, facilitando, ademais, a compra de alimentos frescos a carón da casa. Ademais, farase entrega das Bolsas de tea da campaña “Quere o teu mercado” da Dirección Xeral de Comercio.

Dende o concello lembran tamén que “mercar nas Prazas de Abastos é garantía de calidade, bo servizo, atención personalizada e unha garantía de obter produto fresco e galego  así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos que garante unha dieta equilibrada e saudable”.

Con esta iniciativa, dende o Concello de Monforte, reafirman o seu compromiso co impulso do pequeno comercio local, promovendo as compras de proximidade e poñendo en valor os produtos da praza de abastos.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...