HomesociedadeIV Encontro arredor do Viño, "Montefurado: patrimonio e terroir", do 13 ao...

IV Encontro arredor do Viño, “Montefurado: patrimonio e terroir”, do 13 ao 15 de xuño en Quiroga

O programa inclúe visitas guiadas ás adegas Alvaredos-Hobbs e Casa de Outeiro, así como un percorrido por viñedos de Montefurado dirixido por Víctor Aira, de Adamare Wines, que falará sobre o proceso de recuperación de viñas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns presentábase na Delegación Territorial da Xunta en Lugo o cuarto Encontro arredor do Viño impulsado pola asociación Quiroga en Marcha, que se desenvolverá a fin de semana do 13 ao 15 de xuño baixo título ‘Montefurado: patrimonio e terroir‘.

O delegado territorial, Javier Arias, participou no acto xunto co alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; Juan Luis Vázquez, en representación do colectivo organizador; e a enóloga Alba López. Arias apuntou que a Xunta colabora coa iniciativa, “que pon en valor un sector clave para a economía da zona”.

Ademais de visitas a a degas e charlas, haberá unha mesa redonda sobre ‘O Terroir de Montefurado’, na que intervirán representantes de Bodega Algueira, Abadía da Cova, Casa de Outeiro e Adamare Wines.

As xornadas tamén afondarán na historia e características do túnel romano de Montefurado, que centrará unha charla na Casa da Cultura de Quiroga o sábado 14 de xuño, e unha visita comentada por un arqueólogo o domingo 15.

As prazas son limitadas en todas as actividades salvo a conferencia e a mesa redonda, que serán de acceso libre ata completar aforo. A cita terá como presentadora á sumiller e divulgadora enolóxica Mónica Rosón

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...