HomesociedadeInauguración das XVIII Xornadas xurídicas de Sarria

Inauguración das XVIII Xornadas xurídicas de Sarria

A edición deste ano céntrase no debate sobre a necesidade dunha reforma da xustiza ante a sociedade do século XXI. Informamos de como acceder ao programa e ao seguimento por streaming das sesións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria acolle un ano máis as súas prestixiosas ‘Xornadas xurídicas Román García Varela’, un foro xurídico onde expertos de toda España debaterán sobre os retos da xustiza na sociedade do século XXI.

As xornadas foron inauguradas na tarde deste mércores 4 de xuño pola presidenta do Consello Xeral do Poder Xudicial, Isabel Perelló. No acto inaugural que tivo lugar na Casa da Cultura sarriá participaron tamén, o Alcalde da localidade, Claudio Garrido; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde; o Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a directora da UNED de Lugo, Ana Traseira; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e o deputado provincial Pablo Rivera Capón.

O foro xurídico celébrase entre hoxe e o vindeiro venres, 6 de xuño, e pódense seguir en directo a través de YouTube grazas á retransmisión realizada polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo no marco da colaboración que a institución ten con esta cita de referencia. Un ano máis as conferencias que se imparten terán recoñecemento universitario, de maneira que o alumnado da UNED de Lugo obterá o equivalente a 10 horas lectivas.

Dende o Concello de Sarria, dan as grazas á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial de Lugo, así como aos organizadores do contido das xornadas, Román García-Varela Iglesias e Carlos Lema Devesa.

TRES XORNADAS DE MESAS REDONDAS CON PRESTIXIOSOS RELATORES

Na primeira xornada tivo lugar a ponencia inaugural a cargo de Francisco Marín Castán, expresidente do Tribunal Supremo; e a continuación houbo unha mesa redonda. Neste foro participaron diferentes relatores que trataron os seguintes temas: “Las Cortes Generales en defensa de la división de poderes y el Estado de Derecho”, “Jueces y Parlamento: los juicios de responsabilidad política y responsabilidad penal”, e “La reforma judicial, los retos frente al poder y el pueblo”.

De cara ao xoves a venres as xornadas serán só de mañá. O xoves 5 de xuño empezarán ás 9:00 h e rematarán, tras un descanso ás 11:30 h, ás 14:30 h. Desenvolveranse 2 mesas redondas nas que se expoñerán temas tan interesantes como: “El ineludible tratamiento especializado en los juzgados de violencia contra la mujer: nuevas competencias y comarcalización”, “Los riesgos asociados a las nuevas tecnologías”, ou “Entre la Ley y la política: la independencia judicial en los altos tribunales”.

E xa como final ao foro, o venres 6 de xuño, comezarase ás 9:00 h. haberá unha mesa redonda e descanso ás 11:45 h. “La independencia judicial como pilar del Estado de
Derecho”, será un dos interesantes temas a tratar nesta xornada.

Ás 12:15 terá lugar o acto de clausura a cargo de Cándido Conde Pumpido, Presidente do Tribunal Constitucional.

O programa completo está na web do Concello de Sarria e as sesións pódense seguir en streaming nas seguintes ligazóns:

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica obras en vías de Taboada e Láncara

A Xunta de Goberno celebrada este venres adxudicou as obras de dous proxectos, “que...

O Folión de Carros protagonista do stand do Concello de Chantada en Turexpo Galicia

Turexpo Galicia figura no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes...

Chantada acolleu unha xornada sobre pastoreo extensivo

A xornada contou coa intervención de gandeiras e gandeiros, investigadoras e persoal técnico de...