HomesociedadeO Folión de Carros protagonista do stand do Concello de Chantada en...

O Folión de Carros protagonista do stand do Concello de Chantada en Turexpo Galicia

Ata o 8 de xuño celébrase en Silleda unha nova edición do Salón Turístico Turexpo Galicia enmarcado na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Turexpo Galicia figura no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes clave do sector por ser punto de encontro para mostrar e descubrir o presente e o futuro no ámbito do turismo.

“Chantada volve a estar presente en Turexpo Galicia para dar visibilidade a eses recursos que nos fan destino inescusable no interior de Galicia e na Ribeira Sacra”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

No stand do Concello de Chantada promociónase o Folión de Carros, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2002 e Ben de Interese Cultural desde o 2019. É ademais, a oportunidade de presentar outros recursos turísticos, “Tamén levamos a Silleda o Camiño de Inverno e o noso Entroido Ribeirao. O sector turístico e os visitantes coñecerán máis do Monte do Faro que ademais de excelente miradoiro natural, agora é Destino Starlight como a nosa ribeira”, asegura o rexedor local.

No stand do Concello de Chantada lémbrase que desde aquí fanse os quilómetros necesarios para conseguir a Compostela percorrendo o Camiño de Inverno e visibilízase a Feira do Viño de Chantada que abre cada ano as Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra e que, xunto coa súa paisaxe de viñedo en socalcos, dá conta da importante tradición vitivinícola do municipio

Turexpo Galicia será así durante 4 días, escaparate da oferta turística máis relevante de Galicia. Os concellos terán a posibilidade de informar das súas particularidades e contarase cun espazo común para demostracións e degustacións, convertíndose nunha gran oportunidade para divulgar o atractivo turístico do municipio.

oplus_2

Concello de Chantada en Turexpo Galicia 2025 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...