HomesociedadeA Deputación adxudica obras en vías de Taboada e Láncara

A Deputación adxudica obras en vías de Taboada e Láncara

A institución provincial tamén informa de que desde o luns, 9 de xuño, permanecerá cortado ao tráfico un treito da estrada LU-P-2704, no concello de Láncara, debido ás obras de execución dun muro de sostemento

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno celebrada este venres adxudicou as obras de dous proxectos, “que virán mellorar a mobilidade da provincia”. A deputada, Pilar García, explicou que en Taboada, a empresa Ogalia Contratas SL será a encargada da mellora dun tramo de 14 quilómetros da LU-P-4905, que é a estrada que conecta á vila co concello de Portomarín no enganche da vía autonómica LU-633.

Estas obras afectarán ao treito comprendido entre a parroquia de Vilarbasín, en Portomarín –á altura do quilómetro 10- e Bembibre, en Taboada, e consistirán na reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación das imperfeccións, repavimentación e reposición da sinalización vertical. “Uns traballos que mellorarán notablemente as comunicacións entre ambos concellos, xa que é a estrada máis directa entre ambas, e tamén a conexión dos veciños e veciñas das diferentes parroquias ás que dá servizo directo”, explicou Pilar García Porto.

En Láncara, a empresa Ovisa Pavimentos y Obras SLU  resultou adxudicataria da mellora de medio quilómetro da LU-P-2703, que vai da Pobra de San Xiao a Carracedo por 68.486€. As obras afectarán ao inicio da vía no tramo urbano da Pobra, desde o cuartel da Garda Civil ata o Campo da Feira, e consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación e reposición da sinalización vertical e pintado da estrada. Neste caso, o prazo de execución dos traballos será dun mes desde o inicio das obras.

Corte de tráfico Láncara

Desde a Deputación Provincial tamén informan de que desde o luns, 9 de xuño, e durante mes e medio, permanecerá cortado ao tráfico un treito da estrada LU-P-2704, no concello de Láncara, debido ás obras de execución dun muro de sostemento.

O corte afectará ao tramo comprendido entre o punto quilométrico 4,650 e o 4,690 desta vía, que conecta o lugar de Veiga de Anzuelos, na parroquia de Vilarello, ata a parroquia de Bande, pasando por Trasliste. As actuacións contan cun orzamento de 45.375€ e durante estes traballos habilitaranse desvíos alternativos sinalizados para garantir a circulación e permitirase o acceso a residentes nas zonas afectadas.

ÚLTIMAS

Joseba Iraola vence na I Subida Ribeira Sacra de Chantada

Nun coñecido trazado polos habituais do certame nacional de montaña disputáronse catro mangas de...

Así foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

A delegación monfortina estivo formada por 68 deportistas que participaron en 4 modalidades deportivas:...

O BNG discrepa do financiamento da Ponte do Malecón por parte da Deputación

O deputado e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e o portavoz municipal en Monforte,...

Desactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

No concello de Ribas de Sil segue activo desde as 18.22 horas deste sábado,...