Homesociedade"Esta festa é tamén a proba de que o rural galego está...

“Esta festa é tamén a proba de que o rural galego está vivo”, José Tomé Roca

O Presidente da Deputación de Lugo foi o encargado de pregoar este domingo a XXI edición da Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite na Praia Fluvial de San Clodio, en Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo celebrábase a segunda xornada de exaltación gastronómica de tres produtos estrela no Concello de Ribas de Sil: as cereixas, o aceite e o viño. O escenario, como é habitual, foi a Praia Fluvial, a carón do río Sil. Moito calor e moita xente dende a apertura de postos, concentrándose o maior número de público contra a mediodía e a primeiras horas da tarde.

José Tomé Roca foi este ano o encargado de pregoar na Festa da Cereixa, o Aceite e o Viño, a máis emblemática e con maior proxección exterior do Concello. Tras o encontro das autoridades no recinto feiral a partir das 13:00 h. chegou o momento do discurso do Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte quen puxo en valor “o rural galego, as súas tradicións e o valor dos produtos locais e das persoas que os producen”.

Momento do pregón. Foto: XdL.

O mandatario provincial sinalou tamén que esta celebración “non é unha festa calquera, senón a expresión dunha identidade que medrou á beira do Sil, e dunha tradición que enche de sabor a nosa mesa e de sentido a nosa vida”, e puxo en valor a Praia Fluvial de San Clodio como un dos lugares máis emblemáticos do Concello de Ribas de Sil e símbolo “dese rural vivo e orgulloso que aposta polo futuro”.

Cereixas de Ribas de Sil. Foto: XdL

Tomé Roca lembrou as súas orixes en Guitiriz, pero deulle importancia á súa ligazón coa Ribeira Sacra, onde leva décadas vivindo e traballando, e ao seu compromiso co Concello de Ribas de Sil dende a Deputación de Lugo. Neste punto puxo en valor a posta en marcha da Residencia pública e outras achegas para eventos como o desta fin de semana. Para a Festa da Cereixa, o Aceite e o Viño deste ano, a institución provincial achega 9.000 € a través do Plan Deputación.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...