HomesociedadeAxudas para entidades que desenvolven actividades de carácter social en Monforte

Axudas para entidades que desenvolven actividades de carácter social en Monforte

As beneficiarias das subvencións son as entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais no Concello de Monforte, durante o exercicio 2025. O prazo está aberto ata o 2 de xullo e o orzamento total que se destina son 12.00o euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta liña de axudas posta en marcha polo Concello de Monforte busca fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ao seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2025 ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima para cada beneficiaria. Do mesmo xeito, e como regra xeral, o importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 75% do seu orzamento. O prazo para solicitalas remata o 2 de xullo de 2025.

As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes de acordo cos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral do Concello de Monforte de Lemos, nos servizos sociais comunitarios ou na propia web do concello. As BASES completas da convocatoria están tamén publicadas na súa web.

ÚLTIMAS

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...