Homesociedade'Rally Terras do Incio': 25 vehículos clásicos chegados de España, Portugal e...

‘Rally Terras do Incio’: 25 vehículos clásicos chegados de España, Portugal e Bélxica

O evento chega este ano á súa XII edición tendo a posibilidade de ver auténticas xoias do motor clásico en Sober, o día 18, e no Incio, o día 19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O XII Rally Terras do Incio organízase grazas á colaboración do Concello de Sober e do Incio tendo lugar entre o 18 e o 23 de xuño. O mércores 18 os amantes do motor estarán en Sober a partir das 12:00 horas, mentres que o xoves 19 farán parada no Incio.

A cita, considerado un dos eventos máis relevantes do motor clásico, pretende dar a coñecer a Galicia máis descoñecida e pintoresca co atractivo de poder ver circular estes exclusivos vehículos polas paraxes que se percorren. Os participantes teñen ademais a oportunidade de degustar a rica e variada gastronomía galega.

No Rally está previsto que participen 25 exclusivos vehículos clásicos chegados desde diferentes puntos de España, Portugal e Bélxica para percorrer as estradas do interior de Lugo ata acabar en Ribadeo o día 23. En cada parada do percorrido haberá ocasión para que visitantes e veciños poidan ter a experiencia de velos, tendo en conta que, entre as marcas que se poderán ver, estarán: Ferrari, Aston Martin, Jaguar, Porsche, Maserati ou Mercedes.

Coches antigos na Praza do Concello de Sober. Foto: Rally Terras do Incio.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...