HomesociedadeComezan as melloras do firme da estrada que une O Carme e...

Comezan as melloras do firme da estrada que une O Carme e O Curro en Pantón

Os traballos comezaron esta semana coa reapertura das cunetas e seguirán coa reparación dos afundimentos e a repavimentación do firme na meirande parte do seu percorrido. O prazo de execución destas obras é de dous meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de iniciar en Pantón as melloras do firme da LU-P-4106, a estrada que une O Carme, na parroquia de Toiriz, e O Curro, na de Ferreira. A institución provincial inviste preto de 80.000€ no acondicionamento da práctica totalidade da vía, desde o seu inicio ata o quilómetro 6,55.

Os traballos comezaron esta semana coa reapertura das cunetas e seguirán coa reparación dos afundimentos e a repavimentación do firme na meirande parte do seu percorrido. O prazo de execución destas obras é de dous meses. Esta é unha estrada moi importante para a veciñanza de Pantón e os visitantes á comarca, pois conecta o casco urbano con diferentes parroquias e recursos turísticos da zona, como rutas de sendeirismo e casas rurais.

O Plan de Mellora das Estradas anunciado pola Deputación contempla ademais neste municipio a mellora da totalidade da LU-P-4107, que é a que une Segade coa aldea de Marce, cun orzamento doutros 100.000€.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...