HomesociedadeA AV do Saviñao solicita á Alcaldía a limpeza dos soares urbanos...

A AV do Saviñao solicita á Alcaldía a limpeza dos soares urbanos de Escairón

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía do Saviñao para solicitar a limpeza dos soares urbanos de Escairón. Aseguran desde a asociación que reibiron diversas queixas pola falta de limpeza e roza en solares urbanos de Escairón pegados ás vivendas, co risco que isto supón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación veciñal do Saviñao solicita a aplicación da lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios na Comunidade Autónoma, así como da consecuente ordenanza municipal, segundo a cal o concello debe avisar ás persoas propietarias para que manteñan limpas as súas propiedades.

De non realizarse esta limpeza, o Concello debe aplicar a “execución subsidiaria” contemplada no artigo 22.3 da devandita lei, que capacita ao concello a realizar os traballos de roza e a posterior facturación dos custos ás persoas propietarias. “Esperando a aplicación da lexislación vixente por parte da Alcaldía e en beneficio de toda a colectividade”, conclúen.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...