HomesociedadeQuiroga abre o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán

Quiroga abre o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán

A área de Igualdade do Concello de Quiroga organiza un ano máis os Campamentos de Verán dentro do programa “Concilia Quiroga”, cofinanciado a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Campamentos de Verá son un servizo dirixido a favorecer a conciliación familiar e laboral, polo que terán prioridade as familias nas que traballan os dous proxenitores e as familias monoparentais.

Os campamentos, nos que poden participar nenos e nenas de 3 a 11 anos, desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto. Estando baixo o coidado de 10 monitores titulados e 7 voluntarios.

Os/as nenos/as interesados/as en participar terán dende este luns 16 de xuño ata o xoves 27 de xuño de prazo para inscribirse no Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga, onde tamén poderán recibir máis información.

ÚLTIMAS

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da...

A Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime de alugamento

Estas vivendas forman parte dun paquete de seis vivendas que o Instituto Galego da...

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse...