HomesociedadeParabéns a unha nova centenaria en Sober, Teresa Sáez Pérez

Parabéns a unha nova centenaria en Sober, Teresa Sáez Pérez

A veciña do Taro, na parroquia soberina de Figueiroá, Teresa Sáez Pérez, vén de cumprir 100 anos rodeada polos seus seres queridos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Teresa ten un fillo, José Luis Segador Sáez, co que agora vive en Barcelona, e unha neta. Pasou o día acompañada polos seus familiares e amigos, soprando as velas e desfrutando dos doces.

Esta nova centenaria soberina foi costureira na Carqueixa e con ela aprenderon o oficio moitas rapazas da comarca.

O Concello de Sober, que celebra o aniversario, conta a día de hoxe con 10 centenarios e centenarias, 6 mulleres e 4 homes.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...