HomesociedadeMonforte denuncia o xenocidio do pobo palestino

Monforte denuncia o xenocidio do pobo palestino

Máis de dúascentas persoas participaron este luns, na Praza de España de Monforte nunha concentración convocada pola organización Mar de Lumes para denunciar o xenocidio do pobo palestino e amosar o seu apoio e solidariedade coa Marcha a Gaza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mobilización en Monforte formou parte dunha acción coordinada que tivo lugar de maneira simultánea en máis de 36 localidades de todo o país. Deste xeito, Galicia sumouse á chamada internacional para romper o bloqueo israelí ao paso de Rafah e permitir a entrada de axuda humanitaria ás persoas atrapadas na Franxa de Gaza.

Concentración Palestina / Mar de Lumes

Durante o acto, as persoas participantes fixeron lectura de comunicados, portaron pancartas en defensa dos dereitos humanos e gardaron momentos de silencio en lembranza das vítimas. A concentración foi tamén unha mostra clara do compromiso do pobo galego coa causa palestina e da denuncia firme contra a política de exterminio e ocupación por parte do Estado de Israel.

Desde Mar de Lumes destacaron a importancia de continuar mobilizadas e organizadas ante unha situación que vulnera de xeito flagrante o dereito internacional e a dignidade humana.

Concentración Palestina / Mar de Lumes

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...