HomesociedadeAlejandro Losada, a primeira 'Drag Queen' cega de España, é da Ribeira...

Alejandro Losada, a primeira ‘Drag Queen’ cega de España, é da Ribeira Sacra

É monfortino, con orixes en Sober, e tras pasar uns anos en Ourense agora vive na Coruña. Nesta cidade é onde atopou no 'mundo drag' un escenario de liberdade. Coa súa alter ego "Vivi Dente" racha barreiras e estigmas dende o humor, a interpretación e a provocación visibilizando ademais a súa discapacidade.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Perder a vista sendo un neno é como volver nacer. Alejandro Losada, aos seus 23 anos, ben o sabe: leva case 10 anos sen visión. Cando tiña 14, e debido a unha enfermidade rara chamada BEHÇET, a súa vida mudou radicalmente. “O meu foi un diagnóstico moi complicado, porque estas enfermidades raras son difíciles de detectar e ata que xuntas moitos síntomas non chega o diagnóstico”, explica. No seu caso, cada especialista trataba os síntomas que se ían presentando por separado, e non foi ata que chegou ás mans dun pediatra internista que xuntou as pezas do puzzle que descubriu o que realmente tiña.

Con todo, Alejandro xa perdera a visión antes de chegar a ser diagnosticado. “Pasei por moitos problemas de saúde dende neno, entón para min ás veces o normal xa era non levar unha vida normal”, lembra, orgulloso tamén de ter máis controlada a enfermidade no presente, despois do diagnóstico.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...