HomesociedadeA Academia Galega de Gastronomía visita terras guímaras

A Academia Galega de Gastronomía visita terras guímaras

A Academia Galega de Gastronomía (AGG), que ten como obxectivo o estudo, coñecemento e promoción das ciencias e as artes culinarias de Galicia, visitou esta semana o concello da Pobra do Brollón con motivo da celebración dunha reunión da súa xunta reitora

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Representantes da Academia Galega de Gastronomía trataron na súa xuntanza diversos temas relacionados coa actividade en curso da AGG. Posteriormente o participantes fixeron unha visita guiada ao conxunto de adegas medievais da Abelaira en Vilachá de Salvadur, onde xantaron e degustaron viño local D.O. Ribeira Sacra.

O alcalde, Xosé Lois Maceda, agradeceulles a visita e a labor da Academia, incidindo no valor da gastronomía como elemento fundamental do patrimonio da Pobra do Brollón, “patrimonio a protexer e promover”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...