HomeCulturaPantón presenta o seu Verán Cultural e abre as Piscinas Municipais

Pantón presenta o seu Verán Cultural e abre as Piscinas Municipais

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para os meses de xullo e agosto dentro do Verán Cultural. Este mesmo venres comeza o Trail Heroica Sacra que se desenvolve ata o domingo pasando por algunhas das paisaxes máis fermosas do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Trail Heroica Sacra está organizado polo club Galaico Trail Run e a peña Saltasebes de Chantada, contando coa colaboración do Concello de Pantón. E na fin de semana dá comezo o resto da programación, así este sábado, 28 de xuño ábrese a tempada da Piscina Municipal. As instalacións terán horario de 13:00h a 21:00h de luns a domingo.

Xa o domingo, 29 de xuño, ás 19:00h. darán comezo as 36 Xornadas da Rota do Románico de Pantón que se desenvolverán con distintas conferencias e concertos ata finais de agosto. A cita deste domingo será no xardín do Mosteiro Cisterciense de Pantón co concerto de floclore ibérico a cargo de Peitoescuro.

Do 1 de xullo ao 29 de agosto desenvolveranse os Campamentos Infantís de Verán en Pantón. Actividades organizadas por quincenas das que disfrutarán máis de 70 rapaces e rapazas.

O venres, 4 de xullo, terá lugar o primeiro dos espectáculos que se desenvolverá na Praza do Concello, todos eles ás 23:00h. Nesta xornada actuará o grupo Carta de Ajuste. O 11 de xullo desenvolverase o espectáculo de lume, “Fire Performance”, e o 18 de xullo terá lugar o concerto, Son de Boleros.

As actuacións musicais de xullo completaranse co concerto do Festival 17º Ribeira Sacra que se celebrará o 20 de xullo no Pazo de Ferreiroá. Xa en agosto, o Concello de Pantón celebrará as súas Festas Patronais do 16 ao 18 de agosto.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, explica que, “con estas actividades ofrecemos alternativas de lecer para os/as máis novos/as, contando durante case dous meses cos Campamentos de Verán e para favorecer a conciliación ofrecemos ademais o servizo madruga. Para esta fin de semana abrimos as Piscinas Muncipais, e música, conferencias e espectáculos completan unha axenda para todos os públicos en Pantón”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...