Ante a incertidume sobre a probable incompatibilidade do proxecto de tirolina coa condición de BIC da Ribeira Sacra e coa candidatura a Patrimonio da Humanidade, En Marea propón ás Deputacións de Lugo e Ourense unha opción que consideran compatible, sostible, dinamizadora dos valores da zona e xeradora de postos de traballo.
Apuntan, desde En Marea, que a elaboración do Plan suporía a contratación anual de persoas profesionais destinadas ao traballo de documentación e deseño de plans de conservación dos elementos da cultura tradicional.
Cren que o Plan debería conter un apoio aos oficios tradicionais, como a olería; a creación dalgún novo museo ou centro de interpretación; unha liña específica de apoio ás festividades tradicionais singulares, como o Oso de Salcedo (na Pobra do Brollón), ou Entroido Ribeirao (en Chantada).
En Marea aposta porque dito plan sexa coordinado en cooperación entre Concellos, Deputacións e entidades como o Consello Regulador da D.O. ou o Consorcio de Turismo, con apoio da Xunta.

Incompatibilidade? Prexuizos sin fundamentacion.
No Decreto do BIC non aparece por ningun lado a prohibicion, soio informe previo.
Intereses espureos e partidistas inventan facks news e propostas que nunca se levaram a cabo. A tempo.
O Decreto de aprobacion do BIC non prohibe a tirolina, soio que se someterá a informe previo como tantas outras actuacions.
Intereses espureos e fack news imperan por as redes sociais donde amparandose no anonimato dicense as maiores aberracions en aras a conquerir un fin deseado.