HomesociedadeCase 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Este domingo o pavillón do colexio Eloísa Rivadulla acolleu a II Festa Interxeracional do Concello de Chantada. Esta cita comezaba a celebrarse o pasado ano coa intención de xuntar ás familias da vila e das aldeas nun encontro de confraternidade co que dar a benvida ao verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a participación e asistiron á cita preto de 600 persoas, ás que acompañaron o alcalde, Manuel Lorenzo Varela e a concelleira de Servizos Sociais e Benestar, María Cándida Carnero, xunto con outros membros do equipo de goberno.

Esta II Festa Interxeracional comezaba ás 13:00h con misa solemne, seguida de cóctel de benvida e xantar popular, para rematar ao redor das 21:00h, despois da sesión de baile co Dúo Élite. Durante a celebración sorteáronse fins de semana en balnearios, ceas e comidas en restaurantes e outros agasallos cedidos por empresas locais que colaboraron coa celebración: Distribucións Calambuco, Restaurante Pulpería Os Pendellos, Adegas e Viñedos Vía Romana, Xoiaría Ángel, Flores Otilia, Albarduxe, Grupo Perlada, Gadis, Adega Sabatelius, Adegas Condado de Sequeiras, A Túa Xanela, miDetergente, Vinosacra.es, Eroski, Adega Castrofiz, Alouviño, Adega Os Cipreses, Adegas Amedo, Pilares de Belesar, Pacio, Custom Drinks, imprenta Besbello. Contouse tamén con obsequios doados polo GDR Miño-Ulla, de modo que todos/as as/os nenas/as e maiores participantes na cita tiveron o seu obsequio.

Manuel Lorenzo Varela felicita o traballo de todas as persoas que fan posible esta celebración e agradece a participación das familias nunha xornada que resultou un éxito, a pesar das altas temperaturas destes días, “Para nós é fundamental na organización desta Festa a implicación do persoal do Concello e do CEIP Eloísa Rivadulla. Case duplicamos a participación con respecto ao primeiro ano, polo que á xente lle gusta reunirse neste tipo de encontros, para o vindeiro ano seguiremos recibindo o verán coas familias e agradecendo a compaña dos nosos maiores”.

Festa Interxeracional 2025 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...