HomesociedadePreséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

O Cuartel Vello de Taboada acolleu a primeira xornada informativa de presentación do proxecto Turismo de Encoros de España, Turembalses. Unha iniciativa mediante a cal a institución provincial recibirá 127.500€ de fondos europeos para crear unha experiencia turística en torno a estas infrarestruturas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo, dunha análise da oferta e da demanda innovadora no noso país; e unha alternativa ao turismo azul diferente á costa”, explicou a deputada, Pilar García Porto, que estivo acompañada do allcalde do municipio, Roi Rigueira Agromartín, unha representante do proxecto a nivel nacional e persoas vencelladas ao turismo e ao desenvolvemento rural en Taboada e a súa contorna.

A responsable provincial destacou que “na Deputación de Lugo sabemos que a nosa provincia conta cun gran número de encoros e recursos fluviais que, ademais de ser paisaxes naturais de gran beleza, tamén son un patrimonio cultural e histórico moi importante”.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu á xornada informativa do Centro do Viño da Ribeira Sacra, que inaugurou a concelleira, Gloria Prada; e o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, introduciu as cuestións claves deste proxecto no local social do concello de Negueira de Muñiz.

O obxectivo destas sesións é que os axentes interesados coñezan de primeira man as características do proxecto, obxectivos e destinatarios; como formar parte do proxecto e as oportunidades de formación, asesoramento e promoción para entidades ou empresas.

Xornada encoros / Deputación de Lugo

ÚLTIMAS

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...