HomePolíticaA licitación a rehablitación da antiga Cámara Agraria de Taboada

A licitación a rehablitación da antiga Cámara Agraria de Taboada

O PSdeG-PSOE de Taboada asegura celebrar un fito clave para o municipio coa saída a licitación do proxecto de rehabilitación do antigo edificio da Cámara Agraria, "unha actuación que simboliza o traballo sostido e a visión estratéxica dos socialistas locais, tanto desde a oposición como agora desde o goberno municipal".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O inmoble, situado nunha zona neurálxica da vila, prestou servizo a xeracións de gandeiros e gandeiras ata o seu peche na década dos 90. Desde entón, “permaneceu abandonado e esquecido tanto pola Xunta de Galicia, anterior propietaria, como polos sucesivos gobernos municipais. Un edificio estratéxico para Taboada convertido nun símbolo do desleixo institucional”, engaden os socialistas que no mandato (2019–2023), cando estaban na oposición, impulsaron os primeiros pasos para a súa recuperación. “Tras moitas xestións e propostas, os socialistas conseguiron que o Concello adquirise o edificio á Xunta por algo máis de 20.000€, a pagar en dez anualidades. Un investimento asumible e intelixente que abría a porta a recuperar para a veciñanza un espazo público fundamental”, apuntan.

No actual mandato, coa chegada de Roi Rigueira á Alcaldía, o concello asinou coa Deputación de Lugo un convenio para financiar integramente a súa rehabilitación. Un total de 138.000€ que permitirán poñer en valor este edificio e integralo nunha área vital da vila, onde se atopan o centro médico, a residencia da terceira idade, o cuartel da Garda Civil, a Casa do Maior, o parque infantil e o Campo da Feira, entre outros servizos.

“Na miña opinión, a isto chámaselle traballar con vista e ter claros os plans de futuro. Identificamos unha oportunidade, pedimos que se aproveitase e, cando dependeu de nós, conseguimos a financiación necesaria para sacar o proxecto adiante”, afirmou o Alcalde e Secretario Xeral do PSdeG de Taboada, Roi Rigueira.

O prazo para a presentación de ofertas estará aberto ata o 20 de xullo. Desde o goberno local aseguran que xa pensan en futuras actuacións complementarias, “unha das prioridades será a reorganización das dependencias municipais, co obxectivo de facilitar a relación da veciñanza coa administración local, especialmente ás persoas maiores e con problemas de mobilidade. Premisa básica de todo goberno que se precie”, asegurou Rigueira.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...