Homesociedade'As Cavarcas' do Incio programa unha andaina e unha xornada de defensa...

‘As Cavarcas’ do Incio programa unha andaina e unha xornada de defensa persoal

Esta asociación cultural desenvolverá estas dúas actividades na primeira quincena do mes de xullo. A camiñada será o día 5 mentres que a xornada de protección persoal será o día 12. Esta última ten un custe de 20 € e cómpre reserva previa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asoc. Cultural as Cavarcas segue amosando o seu dinamismo e vén de presentar dúas novas actividades a realizar este mes de xullo e que poderán gozar tanto as súas socias e socios como o resto da veciñanza do Incio ou contorna.

O vindeiro sábado día 5 de xullo teñen programada a 3ª andaina do Camiño Eufrasiano, andaina que partirá do Alto do Couso na estrada do Val do Mao a Samos. A saída será ás 9 da mañá pasando polo Castro de Formigueiros e as mámoas de Santa Mariña. Estará guiada por Iván Álvarez Merayo, guía oficial de montaña e arqueólogo, quen ofrecerá ao grupo unha explicación completa das orixes e significado de ambos xacementos.

Dende a asociación informan tamén que seguirán coa realización de andainas mentres espera que os concellos do Incio e de Samos cumpran cos acordos que acadaron a respecto a chegar a oficializar estas rutas como parte dos diversos Camiños de Santiago.

XORNADA DE DEFENSA PERSOAL

O sábado 12 de xullo está prevista a segunda das actividades. Ese día terá lugar unha xornada de tácticas de defensa persoal ao aire libre cun nivel de esixencia baixo e impartida polo experto en técnicas de Krav Magá, Javier Navieiras. Buscarase unha ubicación de sombra na contorna do encoro de Vilasouto en xornada de mañá e sempre e cando haxa un mínimo de 20 persoas anotadas.

O custe desta xornada é de 20 € por persoa e o límite para inscribirse será o domingo día 6 de xullo. Para anotarse dirixirse por whatsapp ao 659061819.

ÚLTIMAS

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...