HomeEconomíaAs comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora de forma positiva a diminución do paro, xa que no mes de xuño se reduciu en 53 persoas na zona sur. En toda a provincia foron 379 parados menos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento, baixando en Lemos a 1.231 parados, 39 menos e Quiroga con 188 parados, 15 menos. Pola contra as comarcas de Chantada e Sarria aumentaron en 1 o número de parados, quedando do seguinte xeito:

Paro xuño comarca de Lemos, 1.231 (-39):

  • Monforte de Lemos, 897 (-23)
  • Bóveda, 33 (-3)
  • Pantón, 81 (+3)
  • A Pobra do Brollón, 55 (-2)
  • O Saviñao, 114 (-10)
  • Sober, 51 (-4)

Paro xuño comarca de Chantada, 401 (+1):

  • Carballedo, 41 (-2)
  • Chantada, 298 (+1)
  • Taboada, 62 (+2)

Paro xuño comarca de Sarria, 641 (+1):

  • O Incio, 37 (+2)
  • Láncara, 76 (-1)
  • Paradela, 15 (=)
  • O Páramo, 21 (+3)
  • Samos, 16 (+1)
  • Sarria, 465 (-1)
  • Triacastela, 11 (-3)

Paro xuño comarca de Quiroga, 188 (-15):

  • Folgoso do Courel, 30 (-2)
  • Quiroga, 122 (-11)
  • Ribas de Sil, 36 (-2)

CCOO destaca os bos datos de Monforte (-23), O Saviñao (-10) e Quiroga (-11) e as malas cifras en Pantón (+3) y O Páramo (+3).

O sindicado lamenta a actitude “que se segue dando no sector educativo por actuar en fraude de lei, xa que despiden a centos de profesores que engrosan as cifras do paro durante os meses de verán para ser contratados outra vez en setembro”. Desde o Sindicato instan á inspección de traballo a que investigue este tipo de “condutas ilegais xa que chove sobre mollado”.

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO tamén denunciou á autoridade laboral, os abusos de moitos empresarios dos sectores (agrogandeiro e hostaleiro) “que obrigan aos seus traballadores para realizar xornadas de 10 e12 horas sen pagarlles as horas extras nin compensalas co descanso regulamentario”,

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...