HomesociedadePor que está silenciada a violencia machista no rural?

Por que está silenciada a violencia machista no rural?

Segundo Fademur, 6 de cada 10 mulleres de ámbitos non urbanos coñecen algunha situación de violencia de xénero pero as cifras das denuncias non se corresponden con estes datos, algo que revela unha eiva na visibilización desta problemática fóra das urbes.

Publicado o

- Advertisement -

Non tendo estudos da Administración pública que afonden alén das cifras, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) realizou o ano pasado unha enquisa pola súa conta –coa colaboración de profesionais da área de violencia de xénero e unha empresa demoscópica– para analizar a percepción que se ten no rural sobre esta lacra. Os resultados, 6 de cada 10 mulleres de ámbitos non urbanos coñecen situacións de violencia de xénero, son preocupantes.

Aos casos de violencia de xénero no mundo rural non se lles presta a mesma atención nin os mesmos recursos económicos que aos de ambientes urbanos: unha menor autoconciencia, unha visibilidade máis baixa e un maior estigma social ante a falta de anonimato son factores que axudan a entender esta cuestión. Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...