HomesociedadeIgnacio González, premiado polo Clúster da Pizarra como mellor expediente de bacharelato...

Ignacio González, premiado polo Clúster da Pizarra como mellor expediente de bacharelato de Quiroga

A iniciativa que promove esta agrupación empresarial premia os mellores expedientes de Bacharelato das zonas de Quiroga, A Rúa e O Barco de Valdeorras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Clúster da Pizarra de Galicia promove unha iniciativa que premia a excelencia nos estudos concedendo “Premios aos Mellores Expedientes de Bacharelato” nas zonas de Quiroga, A Rúa e O Barco de Valdeorras.

O premio consiste nun diploma e un talón de 300 euros para cada alumno. En Quiroga o mellor estudante foi Ignacio Gonzalez Gómez, do IES de Quiroga, e na Rúa, Noa Fernández Fernández, do IES Cosme López.

Na zona do Barco de Valdeorras, dous alumnos do IES Martaguisela, Diego Nogueiras Pérez e Ana Ruiz Arias, conseguiron a mellor nota deste curso. Ao ter ambos a mesma cualificación, recibiron un diploma cada un e repartiron o premio en metálico.

Os catro tiveron notas medias en Bacharelato superiores ao 9,80. Unhas excelentes cualificacións que ratificaron posteriormente nas probas da ABAU.

O xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González, foi o encargado de facer entrega dos cheques nos tres centros educativos.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...