IniciosociedadeNovas reivindicacións da Plataforma Lugo...non perdas o tren

Novas reivindicacións da Plataforma Lugo…non perdas o tren

A Plataforma asegura que non se pode tolerar o abandono institucional con Monforte, que con responsabilidades do Estado e da Xunta, continua sen ter planificados os accesos ferroviarios ao Porto Seco e sen ter comunicación segura entre andéns na estación monfortina.

Publicado o

- Advertisement -

A plataforma cidadá Lugo…non perdas o tren quere abrir o debate dos servizos ferroviarios na provincia. Din estar pendentes dos programas de Adif  para a mellora da Rede Ferroviaria entre Ourense e Lugo: supresión de pasos a nivel, electrificación da vía Monforte de Lemos – Lugo, obras das variantes de Rubián, Monforte de Lemos e Os Peares, así como da renovación da plataforma de vía entre Ourense e Lugo, a definición e licitación da Intermodal de Lugo e unha renovación integral da Estación de Monforte de Lemos.

Entre tanto revisan, nun comunicado, os servizos ferroviarios de Lugo co resto de Galicia, León, País Vasco, Cataluña e Santiago de Compostela. Aseguran que solicitarán entrevistas con Fomento, Consellería de Infraestruturas e a dirección de Renfe. Enviarán tamén os plantexamentos aos Organismos competentes dentro da Unión Europea.

Ao falar de servizos aseguran que Lugo segue a ser a capital de Galicia “descolgada de forma intencionada da Rede de servizos de Ferrocarril, cando non hai moito, era xunto con Monforte un dos principais eixos de entrada de trens a Galicia”, e establecen a seguinte comparativa con outras ciudades galegas:

Liñas de servizo na Estación de LUGO:

  • 5 Trens diarios de enlace coa CORUÑA, sen horarios adecuados e con tempos de percorrido de entre 1 h 30 min e 1 h 42 min.
  • 4 Trens diarios procedentes da CORUÑA, igualmente sen horarios adecuados e con tempos de percorrido similares aos de ida a Coruña.
  • 5 Trens diarios con destino Ourense, incluído o Alvia Lugo – Madrid e os trens Hotel a Barcelona e Madrid, con horarios pouco operativos para a cidade de Lugo.
  • 6 Trens diarios procedentes de OURENSE, incluído o Alvia Madrid – Lugo e os trens Hotel procedentes de Barcelona e Madrid.
    Lugo non ten ningunha conexión directa co País Vasco nin Irún. Carece de servizo as fins de semana con Barcelona e é a única capital de Galicia que carece dun sistema ferroviario a SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Tren na estación de Monforte de Lemos/Youtube.com

Pola súa banda SANTIAGO ten:

26 Trens de enlace coa CORUÑA, repartidos en toda a xornada diaria.
24 Trens procedentes da CORUÑA, repartidos en toda a xornada diaria.
13 Trens enlazan con OURENSEe outros puntos, repartidos en toda a xornada diaria.
11 Trens procedentes de OURENSEe outros puntos, repartidos en toda a xornada diaria.
17 Trens de enlace con PONTEVEDRA E VIGO, repartidos en toda a xornada diaria.
17 Trens procedentes de PONTEVEDRA E VIGO, repartidos en toda a xornada diaria.

OURENSE arroxa as seguintes cifras:

Recibe 36 trens diarios de Galicia e o resto da xeografía española, incluídos 6 Trens Alvia procedentes de Madrid e un Tren Hotel.
E saen 32 trens da súa estación con destino a Galicia e outros puntos da xeografía española, incluídos 6 trens ALVIA e un Tren Hotel.

MONFORTE DE LEMOS:
Recibe 20 trens con orixe en Galicia e outros puntos da xeografía española, incluídos 2 Alvia e 2 Trens hotel.
Saen 23 trens con destino a Galicia e outros puntos da xeografía nacional, incluídos 2 Alvia e 2 Trenshotel.

Ante esta situación, a plataforma require unha nova planificación de servizos na provincia, con máis e mellores comunicacións entre a cidade de Lugo e A Coruña e Monforte, con paradas en todas as estacións e horarios axeitados, recortando tempos de percorrido, ao non considerar aceptable que, por exemplo, Lugo A Coruña se faga en duas horas. RequIren, a lo menos un enlace diario con ida e volta ao País Vasco e Irún,  e lo menos dous enlaces de ida e vollta con León e que se poña en servizo a liña Lugo – Barcelona – Lugo tamén as fins de semana.

No caso de Monforte demandan accesos ferroviarios ao Porto Seco de Monforte, unha estación con mellores comunicacións entre andéns e mellor aparcamento.

Estación de tren de Monforte / Galipedia

A Plataforma, pide tamén, que se planifique unha nova liña ferroviaria entre Santiago e Lugo, ao ser a única capital que non ten enlace coa capital de Galicia. Desde a Plataforma queren ver os plans de transporte europeos, os enlaces de todos os portos e liñas produtivas de Galicia con Europa cun enlace para Galicia a través de Monforte de Lemos e Palencia. Considera a Plataforma, que os lucenses deben de entrar de cheo nesta reivindicaciós de servizos e non deixalos só en mans de quen “ planifica desde un despacho, sen ter en conta as demandas cidadás.”

ÚLTIMAS

“Outlet de Inverno” en Sarria, os día 1 e 2 de marzo

Durante eses días, preto dunha trintena de establecementos de ACES participarán nunha campaña de...

Cales son as prioridades do orzamento do novo goberno para Quiroga?

No caso do servizo municipal de auga, co inicio das choivas de outono a...

Máis de 200 persoas inscritas para a carreira Xacorun Sarria que se celebra o 3 de marzo

A Xunta apoia un ano máis a iniciativa Xacorun, unha carreira entre Sarria, Paradela...

IGV demanda medidas “ante a crise de produtores de uva na Ribeira Sacra”

Interior Galego Vivo explica que "hai unha crise de excedentes de uva na DO...