HomesociedadeLas Vegas de San Clodio abre o telón da música en directo...

Las Vegas de San Clodio abre o telón da música en directo na súa terraza

O sábado 12 actuará en sesión vermú a formación ‘Movilla & Los Irrepetibles’ e pola noite o dueto de versións ‘Biversión’

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A terraza do Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio, en Ribas de Sil, comeza a súa programación musical de verán 2025 esta fin de semana. Concretamente o sábado 12 de xullo coa actuación de ‘Movilla & Los Irrepetibles’ en sesión vermú, e do dúo ‘Biversión’ ás 23:00 h.

O resto de datas programadas para xullo son o sábado 19, coa actuación de Mikel Edroso, que levará unha proposta de jazz fusión; e o 26 coa chegada de ‘Carta de Ajuste’, formación que levará ao escenario o seu espectáculo “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”. Trátase dunha proposta moi festeira de versións pop e rock aderezadas con moito humor.

Todas os concertos son de balde e nun lugar privilexiado, a ampla e arborada terraza coñecida tradicionalmente como ‘A Pista’ polo seu pasado no que foi un coñecido lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos.

MOVILLA & LOS IRREPETIBLES

Javier Movilla é a ‘alma mater’ desta formación. Natural de Castro Caldelas, é un amante da música Mexicana e un personaxe irrepetible. O seu carácter afable reflíctese no espectáculo, no que rende homenaxe aos grandes autores e intérpretes do xénero, desde os clásicos como Jorge Negrete, Vicente Fernández ou Chavela Vargas, ata versións de coñecidísimos artistas nacionais como Joaquín Sabina, Revolver, Los Segredos, Loquillo, Miguel Ríos ou Antonio Flores.

BIVERSIÓN

Este dúo naceu despois da pandemia, dando os seus primeiros pasos no ano 2023. Os seus compoñentes, Lucía Lugrís, profesora de frauta traveseira e graduada superior polo Conservatorio de Galicia; e Víctor Movilla, profesor de guitarra graduado superior polo Conservatorio Superior de Coruña, crean un universo musical baseado nas súas propias versións fusionando diferentes estilos musicais sobre temas coñecidos do pop e rock dos anos 70 ata a actualidade.

Nese dúo pódese aprezar que o seu máximo interese é que o público pase unha velada especial na que haberá temas para escoitar pero tamén moitos para poder cantar e bailar con eles.

Dúo Biversión. Foto cedida.

ÚLTIMAS

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo...