HomesociedadeFolga indefinida no servizo de recollida de lixo en Monforte desde o...

Folga indefinida no servizo de recollida de lixo en Monforte desde o 4 de agosto

Os traballadores de FCC, concesionaria da limpeza urbana e da recollida de lixo en Monforte, acordaron por unánime de todos os asistentes á asemblea, convocar folga indefinida a partir do día 4 de agosto de 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde CCOO, sindicato coa representación do 100% do comité convocan esta folga ante a falta do acordo da mesa negociadora do convenio colectivo e “a irresponsabilidade da dirección cunha contra oferta salarial irrisoria e raquítica”.

Instan á dirección a reflexionar e retomar a mesa de negociación con seriedade, “Recomendámoslle á dirección de F.C.C. Monforte non seguir mareando a perdiz xa que esta actitude é impropia dunha empresa deste nivel e advírtelle á empresa, “que non teña a tentación de impoñer servizos mínimos abusivos xa que os recorreremos ao xulgado”.

Os puntos de acordo máis relevantes para o sindicato son os pluses de dispoñibilidade e nocturnidade, un plan de xubilación parcial para os traballadores veteranos que o solicitan, unha xornada máis de descanso ao mes (coincidindo en sábados) e a subida salarial do 3% para os últimos 4 anos e non só para o 2025.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...