HomeCulturaQuiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

O Concello de Quiroga ven de facer público o programa para as súas festas de verán. Cinco intensas xornadas que comenzarán o xoves, 7 de agosto, e rematarán o luns, 11 de agosto, con actuacións tan destacadas como Roy Casal, Luar na Lubre, a orquestra Panorama ou grupos como Assia, América e o local Mario Colomán & The Clocks Band.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The Clocks Band, ás once da noite na praza España para rematar neste mesmo lugar coa disco móbil Eme Music.

O venres, haberá espectáculo de teatro para público infantil e familiar “A nena lentella”, a cargo de Olga Abad. Ás once da noite na praza España actuará o músico, compositor e cantante galego, Roi Casal, que formou parte do grupo Milladoiro, e xa se achegou ata Quiroga dende que comezou a súa carreira en solitario presentando o seu Álbum “Son Galego, Son Cubano”. Pasada a media noite, o grupo Assia, cuarteto asturiano que tanto éxito tivo nas pasadas festas de verán, actuará na rúa Real.

O sábado, 9 de agosto, pola mañá, na praza do Auditorio haberá sesión de maxia, co Mago Antón. O “magomóvil” achégase ata Quiroga para celebrar os 50 años de maxia deste mago, cun espectáculo que reúne os seus mellores números e novas ilusións nunca vistas. Pola noite, a partir das once na praza España, Luar Na Lubre, o grupo más internacional do folk en Galicia, presenta “Luar Na Lubre XX. Encrucillada”. Un concerto con algúns dos temas máis emblemáticos de su amplo repertorio nos seus 40 anos de historia. Ao remate Conductores Suicidas achegarán a música de Joaquín Sabina co seu tributo a este cantante. Oito músicos riba do escenario para homenaxear as cancións do artista no espectáculo máis respectuoso e fiel no que se mostrará un show reflexo dos directos de Sabina, recorrendo todas as etapas da súa carreira, dende a época de Viceversa ata a actualidade.

O domingo día dez, celebrarase tamén a XXXIV Mostra do Mel. O recinto feiral, no que se poderá adquirir mel das diferentes subzonas de Quiroga coas súas variedades específicas, abrirá ás once da mañá. “Desaustronauts” animará a xornada co seu “Circo Doble Espresso”, un espectáculo de circo áxil, divertido e moi habilidoso, no que os artistas circenses Raquel e Girisho usan o trapecio, tea aérea, hula hoops e… moito máis.

Nesta xornada ao igual que na do sábado, á unha do mediodía, o grupo NoAllKansas, encargarase de animar a sesión vermú cos éxitos máis emblemáticos das décadas dos 70, 80 e 90 cun toque moderno. E para rematar a xornada deste domingo, no aparcamento do CEIP de Quiroga, actuación da orquestra, Panorama que trae o seu espectáculo Epic Tour 2025.

O luns día 11, derradeiro día dos festexos, tirada de fogos artificiais dende a Praza de España, para rematar coa actuación do grupo América.

Non faltarán os deportes durante estes días. A área de deportes traballa para pechar actividades e horarios, pero xa está confirmado que se volverán disputar os torneos de Street Soccer e Street Volley nas pistas do Parque da Constitución. Para a elaboración deste amplo programa o Concello de Quiroga conta coa axuda da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Plan Deputación 2025.

ÚLTIMAS

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...