A terraza do Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio, en Ribas de Sil, comezou a súa programación musical de verán 2025 o 12 de xullo coa actuación de ‘Movilla & Los Irrepetibles’ en sesión vermú, e do dúo ‘Biversión’ pola noite, ás 23:00 h.
Para este sábado 19 de xullo conta coa actuación de Mikel Edroso. Músico de estudo, de traxectoria dilatada que pasou por míticas bandas de Barcelona tocando diferentes estilos: rock, jazz, funky… ultimamente co grupo Medianoche cos que estivo o pasado ano actuando precisamente en Las Vegas.
A vindeira cita será o 26 de xullo coa chegada de ‘Carta de Ajuste’, formación que levará ao escenario o seu espectáculo “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”. Trátase dunha proposta moi festeira de versións pop e rock aderezadas con moito humor.
Todos os concertos son de balde e nun lugar privilexiado, a ampla e arborada terraza coñecida tradicionalmente como ‘A Pista’ polo seu pasado no que foi un coñecido lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos.
