HomesociedadeOs sábados pola noite música en directo na terraza de Las Vegas

Os sábados pola noite música en directo na terraza de Las Vegas

Este sábado 19 de xullo, desde as 23:00h actuará o músico Mikel Edroso cunha proposta de jazz fusión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A terraza do Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio, en Ribas de Sil, comezou a súa programación musical de verán 2025 o 12 de xullo coa actuación de ‘Movilla & Los Irrepetibles’ en sesión vermú, e do dúo ‘Biversión’ pola noite, ás 23:00 h.

Para este sábado 19 de xullo conta coa actuación de Mikel Edroso. Músico de estudo, de traxectoria dilatada que pasou por míticas bandas de Barcelona tocando diferentes estilos: rock, jazz, funky… ultimamente co grupo Medianoche cos que estivo o pasado ano actuando precisamente en Las Vegas.

A vindeira cita será o 26 de xullo coa chegada de ‘Carta de Ajuste’, formación que levará ao escenario o seu espectáculo “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”. Trátase dunha proposta moi festeira de versións pop e rock aderezadas con moito humor.

Todos os concertos son de balde e nun lugar privilexiado, a ampla e arborada terraza coñecida tradicionalmente como ‘A Pista’ polo seu pasado no que foi un coñecido lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...