HomesociedadeJoaquín Hidalgo, prestixioso xornalista vitivinícola no ámbito hispano, de novo pola Ribeira...

Joaquín Hidalgo, prestixioso xornalista vitivinícola no ámbito hispano, de novo pola Ribeira Sacra

O pasado venres, día da súa chegada, participou nunha cata técnica organizada polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e a súa presenza no territorio amparado remata este 22 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra amosa a súa satisfacción por contar novamente coa presenza do prestixioso crítico de viños e editor para Sudamérica e España en Vinous.com, Joaquín Hidalgo. Esta nova visita reforza o interese do crítico arxentino por unha rexión que xa o cativara o ano pasado, cando destacou a riqueza histórica, a diversidade varietal e o potencial enolóxico do territorio.

Durante a súa estadía, que comezou o pasado venres e rematará o 22 de xullo, Hidalgo participou o día 18 nunha cata técnica organizada polo Consello Regulador na que probou un total de 15 viños: 4 brancos e 11 tintos, procedentes de colleitas variadas que abranguen desde viños novos ata elaboracións en barrica e viños de garda.

JOAQUÍN HIDALGO

Con formación en Enoloxía e Xornalismo, Joaquín Hidalgo é unha figura clave do xornalismo vitivinícola no ámbito hispano, con presenza en medios especializados e na recoñecida publicación internacional Vinous.com. O seu regreso á Ribeira Sacra reforza o crecente interese pola rexión e ofrece unha oportunidade para dar visibilidade ao traballo das súas adegas.

Finalmente, desde o Consello Regulador poñen en valor esta visita pois entenden que lle dará un pulo importante “para afianzar a proxección internacional dos viños da denominación”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...