HomesociedadeO Concello de Monforte presenta o programa das Festas Patronais

O Concello de Monforte presenta o programa das Festas Patronais

O rexedor monfortino salientou a aposta firme que o Concello fixo polos grupos musicais monfortinos, que estarán presentes nas actividades de rúa das Festas, no Día do Gaiteiro, o 15 de agosto, e no Verán Cultural a través dunha nova edición do programa “Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, e a concelleira de cultura, Marina Doutón, deu a coñecer este sábado o programa completo das Festas Patronais 2025, que se van celebrar do 11 ó 16 de agosto na cidade do Cabe.  

“Unhas Festas Patronais que manteñen a esencia que tiveron nos últimos 10 anos, con 6 concertos principais, acompañados de orquestras que farán un previo e un posterior peche das actuacións tratando de que o horario musical das festas co carácter xeral, se inicie ás 22:30-23h e remate entorno ás 4 da madrugada” indicou o rexedor monfortino.

O inicio das Festas terá lugar o 11 de agosto coa lectura do Pregón, a cargo da historiadora monfortina Dona Manuela Sáez González. Tras o lanzamento do foguete e o encendido da iluminación artística, como é habitual, haberá unha actuación musical, na praza de España, a cargo da formación tradicional A Roda, expoñente da música tradicional en Galicia e con máis de 47 anos de traxectoria.

-Martes día 12:

  • 22.30 h- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía
  • 22:30 h.- Orquestra do Conservatorio Municipal Mestre Ibañez, na praza de España
  • 00:00 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía
  • 02:00 h.- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía
  • 03:30 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía

-Mércores día 13:

  • 22:30 h.- As Searas, na praza de España
  • 23:00 h.- Orquestra Galilea, na praza da Compañía
  • 00:00 h.- COQUE MALLA, na praza da Compañía
  • 01:30 h.- Orquestra Galilea, na praza da Compañía

-Xoves día 14:

  • 21:30 h.- Baile-Concerto da Banda d Acordeóns O Folión, na Praza de España
  • 22:30 h.- Grupo monfortino Movilla y los irrepetibles, na praza da Compañía
  • 00:00 h.- DORIAN, na praza da Compañía
  • 01:30 h.- Grupo monfortino Gin Toni’s, na praza da Compañía

-Venres día 15:

  • 20:30 h.- Mostra de danza e música tradicional, na praza de España
  • 23:00 h.- Orquestra Suavecito, na praza da Compañía
  • 00:00 h.- Fogos Artificiais dende San Vicente
  • 00:30 h.- ABRAHAM MATEO, na praza da Compañía
  • 02:00 h.- Orquestra Suavecito, na praza da Compañía

-Sábado día 16:

  • 23:00 h.- Orquestra Salsarena,na praza da Compañía
  • 00:00 h.- Fogos Artificiais de Auga dende o río Cabe
  • 00:30 h.- NIL MOLINER, na praza da Compañía
  • 02:00 h.- Orquestra Salsarena, na praza da Compañía

Tamén durante a celebración das Festas Patronais, terán lugar as actuacións, entre outros, do grupo de batucada Os Xograres de Lemos, a Orquestra de Música do Conservatorio do Concello de Monforte, o grupo de batucada Batuere-Tukupa, o grupo As Searas, a Asociación Amigos da Pandeireta de Monforte, a Banda de acordeóns O Folión, os grupos de Gaiteiros : Grupo de gaitas Gaiteiros de Lemos, Lemavos 1, O Cego da Veneira, Os Xograres, Merenzao, Lemavos 2, batucada Baturruca, e o grupo Gaitucada Aikirindo que amenizarán coas súas actuacións as tardes e noites dos días 12, 13, 14, 15 e 16 de agosto.

Outras citas destacadas do programa

O xoves 15, Día da Patroa, a Virxe de Montserrat, terase a celebración institucional na igrexa de San Vicente. A comitiva institucional encabezada polo Alcalde sairá do Campo de San Antonio ás 10:30 h. e a misa celebrarase ás 11:00h.vTamén ese xoves 15 de agosto terá lugar o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade.

Pola tarde, na Praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional na praza de España. En ambos casos, a maioría de grupos de gaitas e de danza son de Monforte.

Pola noite, antes dos Fogos de San Vicente e as actuacións musicais, as Barcas tradicionais engalanadas farán un percorrido polo río Cabe, a partir das 23:30 h.

O Programa das Festas tamén inclúe a undécima edición do Festival Cómico Festivo “A Rúa é Vosa”, os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, e terá como escenarios a Praza de España e a rúa Cardeal. O programa deste festival contará coa participación de 6 grupos, e os protagonistas serán a música, a maxia, as acrobacias aéreas, os paiasos, os monicreques, o mimo, o circo e a danza.

“As Festas de Monforte son algo máis que unhas festas patronais” salientou o rexedor monfortino engadindo que “hoxe xa se fala das Festas de Monforte como un referente non só no sur da provincia, senón tamén en outras moitas zonas de Galicia, e de todo o Noroeste peninsular, e creo que co programa musical que as protagonizarán este ano, vas supor un rotundo éxito para o noso Concello. Por iso espero que sexan moitos os galegos e galegas que visiten Monforte atraídos pola calidade dos nosos concertos”.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...