HomesociedadeMelloras de seguridade e estética nas interseccións do Camiño Francés

Melloras de seguridade e estética nas interseccións do Camiño Francés

As obras executaranse nos concellos de Pedrafita, Triacastela, Samos e Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de sacar a licitación obras por importe de 675.000 euros para mellorar a seguridade e a estética do Camiño Francés a Santiago de Compostela naqueles puntos nos que se atopa coa LU-633 entre os municipios lucenses de Pedrafita do Cebreiro e Portomarín.

O prazo de execución destas obras é de 8 meses. As empresas interesadas en executalas teñen de prazo ata o 11 de febreiro para presentar as súas ofertas. O traballos comezarán, previsiblemente, antes do verán, de modo que estarán terminados a comezos do vindeiro ano.

O director do proxecto, Enrique Pardo, precisou que se executarán 700 metros de senllas de madeira, ademais de habilitar outros 700 metros con zahorra naqueles puntos do trazado nos que se detectaron carencias. Por outra banda, mellorarase a sinalización naquelas interseccións nas que o Camiño Francés se cruza coa estrada autonómica.

“Queremos estar preparados para que Galicia ofreza a mellor imaxe que pode exportar” durante a celebración do Xacobeo en 2021, dixo a Conselleira de Infraestruturas, quen recordou que o goberno galego “leva tempo traballando para mellorar a seguridade vial, a estética e a funcionalidade do Camiño de Santiago co obxectivo de chegar á excelencia na atención ao peregrino. “

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...